Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo ataque a un caixeiro de Abanca na área de Vigo, desta volta en Pazos de Borbén

Novo ataque a un caixeiro de Abanca na área de Vigo, desta volta en Pazos de Borbén

Caixeiro asaltado na oficina de Abanca en Pazos de Borbén Caixeiro asaltado na oficina de Abanca en Pazos de Borbén
G24.gal 02/09/2022 12:47 Última actualización 02/09/2022 13:33

A Garda Civil abriu unha investigación para coñecer as circunstancias dun atentado cun artefacto explosivo que se rexistrou este venres nun caixeiro dunha sucursal bancaria de Pazos de Borbén, que causou numerosos danos.  

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, o asalto produciuse sobre as 5:30 horas da mañá nunha oficina de Abanca deste municipio, e estase levando a cabo a inspección ocular e a recollida de posibles pistas.  

Os seus autores provocaron desperfectos no caixeiro automático pero non conseguiron levar os cartos. A Garda Civil investiga o artefacto que atoparon no lugar pero que, desta vez, non chegou a estoupar.

Dáse a circunstancia de que, sobre a mesma hora deste xoves, rexistrouse outra explosión nun caixeiro de Abanca. Nesa ocasión ocorreu na parroquia do Hío, en Cangas, e tamén se produciron danos, aínda que os supostos ladróns non lograron levar diñeiro.

Os investigadores non descartan que os autores sexan os mesmo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade