Ocupan un piso en Lugo e deixan as pertenzas dos propietarios na rúa
Ocupan un piso en Lugo e deixan as pertenzas dos propietarios na rúa
Multáronos con 900 euros, pero non pola ocupación, senón por deixaren estrados pola rúa os obxectos
Nova ocupación na rúa dos Gardas de Lugo, só que neste caso os ocupantes ilegais foron multados con 900 euros por deixar na rúa ciscados obxectos dos lexítimos propietarios como os colchóns ou os mobles que había dentro da propia vivenda.
Dende onte esta casa está ocupada. Outra máis, segundo comentan os veciños da rúa dos Gardas de Lugo, que asisten con impotencia á, segundo din, progresiva deterioración do barrio.
Neste caso os okupas foron multados con 900 euros, pero non pola ocupación, senón por deixaren estrados pola rúa os obxectos dos lexítimos propietarios da vivenda.
Unha veciña cóntanos a modalidade de ocupación que ela mesma padeceu: os inquiokupas.
Moitos propietarios da zona optan por tapiar as súas casas para evitar ocupacións.