Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vandalizan a capela luguesa de San Roque

Vandalizan a capela luguesa de San Roque

Fixeron unha pintada en letras grandes no monumento, declarado Ben de Interese Cultural

Félix Aragunde 07/07/2023 13:45

Aos atentados contra o patrimonio histórico denunciados nos últimos días en diferentes puntos do país vén sumarse un novo ataque en Lugo. Nunha das entradas da capela de San Roque, un templo de estilo barroco do século XVIII, os vándalos fixeron unha pintada.

Deixaron escrito "Viva Satán" en letras grandes no que é un monumento declarado Ben de Interese Cultural.

Daniel Gil, párroco de Santiago A Nova de Lugo: "É unha capela con moitísimo valor artístico e moi importante para o Camiño de Santiago. É o primeiro que atopan os peregrinos cando chegan. Estes repetidos actos vandálicos derraman a cidade".

Non é a única pintada na porta da capela, pero si a máis recente e a máis grande. Para evitar novos ataques, os veciños reclaman máis vixilancia, e máis civismo por parte da cidadanía.

Daniel Gil, párroco de Santiago A Nova de Lugo: "Canto antes, deberíanse cortar todo tipo de actos vandálicos. Se seguen acumulándose, quedará inservible a porta dun edificio relixioso cun marcado carácter artístico".

Tras a denuncia presentada polo responsable da capela, que xa está a presupostar o arranxo da porta, a policía investiga agora a autoría destes feitos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade