Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nubes en Aninovo e chuvia intensa para este martes en boa parte de Galicia

Nubes en Aninovo e chuvia intensa para este martes en boa parte de Galicia

O 2024 empeza con nubes pero sen precipitacións

A semana será irregular, e este martes hai aviso laranxa na costa da Coruña no mar por vento 

G24.gal 01/01/2024 15:05

A primeira mañá do 2024 presentouse con bastantes nubes e temperaturas suaves que aproveitaron os máis madrugadores... e os seus cans.

Entres os primeiros paseantes coábanse os últimos festeiros, tamén satisfeitos da ausencia de precipitacións na primeira noite do ano.

Pero esta situación non se vai manter moito. "Comeza este 2024 pendentes dunha borrasca e dun sistema frontal bastante activo que vai deixar chuvia intensa", di Diego Viaño, de O tempo TVG.

Para martes o aviso é laranxa no litoral coruñés, por mar de vento e ondas superiores a catro metros. Máis da metade de Galicia estará baixo aviso amarelo. 

Pero indo máis aló, porque agora no calendario temos á fronte outra cita relevante, a finais de semana, na que xa pensan moitos: a cabalgata de reis. Un compostelán só pide que non chova o venres na cabalgata de reis.

A esta altura non está claro se a maxia dos reis de oriente terá que coller o paraugas. Entre os desexos que lles piden para 2024, hai un que se repite...

E mentres unha veciña de Santiago pide que non chova tanto, outro veciño recoñece que o ano pasado non estivo tan mal e pide que non vaia a peor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos