Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nunha panadería de Cea unen tradición e innovación utilizando un sistema de sostibilidade enerxética

Nunha panadería de Cea unen tradición e innovación utilizando un sistema de sostibilidade enerxética

Reciclan o fume dos fornos tradicionais para xerar enerxía nas instalacións

Para iso utilizan un sistema de tubaxes que retén o fume 

G24.gal 12/11/2022 21:29 Última actualización 12/11/2022 22:03

Nunha panadería de Cea unen tradición e innovación. 

O lema da panadería Aboamigalla é "o mellor de onte co mellor de hoxe". Facer un pan o máis fiel á tradición na elaboración e á vez utilizar un sistema enerxético sostible. E para iso reciclan o fume dos fornos tradicionais de Cea, que alcanzan temperaturas moi altas a través dun sistema de tubaxes.

"Necesitamos xerar tanta calor, precisamente nesta panadería o que nos sobra é calor, a ver que xeito teño de aproveitalo, o fume do forno a uns 400 graos e pasámolo por unha caldeira tradicional de calefacción pero sen queimador de gasóleo", di Juan Carlos Rodríguez, propietario da panadería Aboamigalla, de Cea. 

Este sistema permítelles ter calefacción e acadar unha temperatura axeitada no obradoiro para facer unha boa fermentación da masa de maneira natural, auga quente para amasar e mesmo secar a leña que utilizan no forno.    

"Ese fume que sae do forno é que o retemos e levamos por uns condutos e dun xeito circular, de economía circular vai volver servir ao forno", di Sofía Godoy, propietaria da panadería Aboamigalla.

Así elaboran o pan de Cea coas esixencias da distinción xeográfica protexida, cun sistema sostible, que lles permite lograr un aforro importante na factura do consumo enerxético.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade