Publicador de contidos
Publicador de contidos

O aeroporto de Vigo pecha por unha fochanca nunha das súas pistas

O aeroporto de Vigo pecha por unha fochanca nunha das súas pistas

Parte da fochanca que obrigou a pechar Peinador. @Controladoresaéreos
G24.gal 01/01/2022 14:27

O levantamento de parte do firme nunha das pistas de aterraxe é o motivo que levou ao peche temporal do aeroporto de Vigo. Esta mañá xa se cancelaron os voos previstos a Madrid e a Tenerife e xa onte pola noite houbo que desviar un avión procedente da capital. Os usuarios, que están a ser desviados a voos que saen dende Santiago

Aínda que xa se traballa na reparación da pista, o certo é que non se sabe concretamente cando vai reabrir o aeroporto. Os labores de reparación poderían demorar ata o luns e, nese caso, serían un total de 17 os voos cancelados que ían chegar ou sair de Peinador. Dende Aena sinalan que a fochanca se debeu ao desgaste por ser esa zona da pista a máis utilizada para frear as aeronaves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade