Publicador de contidos
Publicador de contidos

O aeroporto de Vigo seguirá pechado como mínimo ata o luns

O aeroporto de Vigo seguirá pechado como mínimo ata o luns

Son xa 36 os voos que se van cancelar ou desviar a outros destinos

A fochanca na pista de aterraxe ten sete metros de longo e dous de ancho

https://www.g24.gal/-/o-aeroporto-de-santiago-segue-a-absorber-boa-parte-do-trafico-de-vigo

G24.gal 02/01/2022 13:01

No mellor dos casos, será este luns cando se retome a actividade no aeroporto de Vigo. Arestora estase a fabricar o aglomerado asfáltico en quente, que é imprescindible para poder reparar a fochanca que se formou nunha das pistas de aterraxe.

Por este motivo van ser cancelados ou desviados un total de 36 voos como mínimo. Os pasaxeiros que tiñan contratados eses voos están a ser derivados aos aeroportos de Santiago e A Coruña, cos conseguintes trastornos.

A fochanca que se formou na pista de aterraxe ten uns sete metros de longo por dous de ancho. Foi detectada o xoves pola mañá pero en poucas horas o firme levantouse con moita rapidez e fixo preciso pechar a pista por razóns de seguridade ata repoñer o asfalto. Os voos que se están desviando ou cancelando conectaban Peinador cos aeroportos de Barcelona, Madrid e Tenerife. 

Dende Aena sinalan que, ás dificultades técnicas da reparación, hai que engadirlle a escaseza de persoal especializado polas datas en que nos atopamos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade