Publicador de contidos
Publicador de contidos

A folga en Ryanair deixa seis voos atrasados en Santiago

A folga en Ryanair deixa seis voos atrasados en Santiago

O aeroporto do Prat, con catro cancelacións, é o máis afectado pola folga

Os tripulantes de cabina de Ryanair comezan outra semana de mobilizacións

G24.gal 22/08/2022 13:26

Comeza a semana coa folga de Ryanair afectando ao aeroporto de Santiago, único en Galicia no que opera a aeroliña irlandesa.

Neste luns rexistráronse seis voos atrasados no Rosalía de Castro. A folga dos tripulantes de cabina, que se prolonga se non hai acordo ata o 7 de xaneiro de 2023- volve condicionar as viaxes de saída e entrada desde Santiago para centos de viaxeiros.

No conxunto de España o aeroporto máis afectado pola folga dos tripulanes de cabina de Ryanair é o do Prat en Barcelona onde este luns se cancelaron catro voos e sete, os mesmos que en Palma de Mallorca, saíron con atraso. En Madrid non houbo cancelacións e so catro voos sufriron algún atraso.

Hoxe é o primeiro dos catro días de paro convocados por Uso e Sitcpla para esta semana. Reclaman un novo convenio colectivo e denuncian que a compañía está despedindo traballadores e contratando tripulantes doutros países para paliar os efectos do paro.

Ryanair négase a negociar cos sindicatos convocadores e so consideran interlocutor lexítimo a Comisións Obreiras, co que agardan asinar un novo convenio no outono do 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade