Publicador de contidos
Publicador de contidos

O arousán Tomás Ucha acaba de ser proclamado o mellor sumiller de Galicia

O arousán Tomás Ucha acaba de ser proclamado o mellor sumiller de Galicia

O campionato celebrouse esta semana no Pazo de Toubes, no concello de Cenlle

G24.gal 02/04/2022 21:05

Ten 28 anos e o último lévao á fronte dun establecemento situado no centro de Madrid. Trátase do Berria Wine Bar que quere converter en todo un referente para os amantes do viño.

"Aquí está todo feito para que o viño sexa o protagonista e a comida o secundario. Se ti vas a un restaurante danche un menú, aquí ímosche dar unha composición de distintos viños que acompañas con comida... É un pouco rizar o rizo".

Tomás Ucha acaba de proclamarse o mellor sumiller de Galicia, tras vencer no campionato celebrado en Ourense.

"Máis que o prestixio, dámo interior, digamos, porque síntome satisfeito co traballo. Creo que para o negocio tamén é bo pero o prestixio é máis propio que de cara á galería, que te pode felicitar pero paréceme bonito interiormente".

A finais de mes, este mozo de Vilagarcía de Arousa participará no Campionato de España de Sumillers.

"O bo que teño é que teño todo fresco e creo que irei ben preparado. Logo alí están os mellores de cada comunidade pero eu confío en min e creo que vou poder facer un papel interesante".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade