O BNG decide finalmente ceder ao PSdeG un posto na Mesa do Parlamento
O BNG decide finalmente ceder ao PSdeG un posto na Mesa do Parlamento
A formación nacionalista acorda renunciar a un posto para "visibilizar" a pluralidade
O BNG, con 25 deputados no hemiciclo galego, decidiu ceder un posto da Mesa do Parlamento ao PSdeG para que as dúas forzas da oposición estean representadas no órgano reitor da Cámara.
O obxectivo, avanzaron desde o BNG, é “visibilizar a pluralidade da cámara tamén nos seus órganos de dirección”.
Os nacionalistas continuarán ostentando a vicepresidenta segunda e repiten con Montse Prado como proposta para este cargo, mentres que, por parte do PSdeG, Patricia Iglesias será a vicesecresetaria.
Así o anunciou a formación pouco antes de que dese comezo a sesión constitutiva da nova lexislatura no Parlamento galego tras as eleccións do pasado 18 de febreiro, en que o PP logrou de novo a maioría absoluta.
O BNG consolidouse como líder da oposición neses comicios, o PSdeG caeu a mínimos históricos e a formación Democracia Ourensana estréase cun parlamentario.
Deste xeito, os representantes de BNG e PSdeG súmanse aos membros que o PPdeG propuxo para o órgano reitor, con Miguel Santalices novamente como presidente do Parlamento galego, Elena Candia como vicepresidenta e Ethel Vázquez como secretaria.