Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Pontón: "Estou con máis ganas e con máis forza que nunca"

A executiva do BNG tira dúas conclusións dos resultados: que non teñen teito electoral e que son a única alternativa real ao PP

Os nacionalistas galegos conseguiron o seu mellor resultado histórico, 25 deputados e apuntálase como principal partido da oposición

G24.gal 19/02/2024 12:50

Primeira xuntanza da executiva nacional do Bloque Nacionalista Galego para valorar os resultados acadados pola formación este domingo.

Aos nacionalistas tiran dúas conclusións destes comicios. Por un lado, que a formación non ten teito electoral, sacou os mellores resultados da súa historia. Por outro , apuntálase como a principal forza da oposición, ampliando a distancia cos socialistas. Son, di o BNG, a única "alternativa real" ao PP, aínda que desta volta non lograran arrebatarlle o goberno da Xunta.

Ana Pontón recoñeceu este luns que non lograron o obxectivo e pediulle ás "persoas que hoxe están decepcionadas" que non o estean xa que "temos motivos para a esperanza porque o seu apoio serve para darlle máis forza á alternativa real ao PP". Na súa opinión, "os cambios profundos nunha sociedade ás veces levan moito tempo".

Rexeita Pontón facer unha lectura estatal destes resultados, e evita tamén analizar as cifras do PSdeG. "Creo que cada forza política ten que facer as súas análises", dixo en conferencia de prensa. Considera ademais que "o que se viu nesta campaña é que a forza que aglutina, que xera esperanza, que representa a alternativa fronte ao PP é o BNG".

A partir de agora, buscarán ensanchar o seu electorado, facendo unha oposición construtiva, din, e coa mesma líder á fronte. "Eu estou con máis ganas, con máis forza e con máis ánimo que nunca, polo tanto, aquí sempre", dixo Ana Pontón entre aplausos dos membros da executiva nacional do BNG.

A executiva do Bloque tira dúas conclusións destes comicios. Por un lado, que a formación non ten teito electoral, sacou os mellores resultados da súa historia. Por outro , apuntálase como a principal forza da oposición, ampliando a distancia cos socialistas. Son, di o BNG, a única "alternativa real" ao PP, aínda que desta volta non lograran arrebatarlle o goberno da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade