Publicador de contidos
Publicador de contidos

O bo tempo convida a pasear e mesmo baixar á praia para dar o primeiro baño

O bo tempo convida a pasear e mesmo baixar á praia para dar o primeiro baño

Temperaturas case de verán, no mes de abril

Hai probabilidade de que o mércores aparezan as brétemas costeiras

G24.gal 17/04/2023 14:13

O bo tempo anima a moitos a dar un paseo, xa coas chaquetas na man, e mesmo baixar á praia, como a esta de Riazor. E iso que a costa norte está afectada pola intensidade do vento do nordés, polo que o mercurio non pasará dos 22 graos.

Con todo, os máis ousados son quen de mergullarse xa no mar. Pero hai que aproveitar mentres o tempo o permita, porque hai probabilidade de que a media semana cheguen as brétemas costeiras e con elas un descenso das temperaturas.

Pero mentres se manteña este tempo case de verán, son moitos os bañistas, coma estes das Rías Baixas, que enchen os areais. E non é para menos, porque no sur da comunidade os termómetros poden rozar os 28 graos.

Con vistas á fin de semana, os mercurios irán baixando de xeito progresivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade