Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cadáver da muller atopado nun pozo de Xerez estaba despezado

O cadáver da muller atopado nun pozo de Xerez estaba despezado

Os investigadores cren que a violencia de xénero non é, en principio, a principal hipótese sobre o caso

G24.gal 28/08/2023 13:22

O cadáver da muller achado onte domingo nun pozo de rega de Xerez da Fronteira, Cádiz, estaba despezado e os investigadores cren que a violencia de xénero non é, en principio, a principal hipótese sobre o caso.

O home que foi detido onte tras o achado do corpo pola súa presunta implicación na morte non é parella da muller.

O arrestado permanece na comisaría de Xerez, mentres que os restos da muller continúan no Instituto de Medicina Legal de Cádiz, onde foron trasladados para a súa identificación e para a realización das probas que determinen as causas e circunstancias nas que morreu.

Ao parecer o corpo estaba "tapado con entullos" e foi localizado grazas a que a policía seguía desde hai días os movementos do detido.

O xulgado que instrúe as dilixencias mantén decretado o secreto de sumario.

Estaba a gran profundidade nun pozo agrícola da paraxe coñecida como Casarío de Ducha, nunha zona rural de Xerez da Fronteira, grazas a un amplo dispositivo policial en que participaron especialistas da Unidade de Subsolo, Policía Científica e Unidade de Medios Aéreos.

As pescudas desenvólvenas axentes da Unidade Central de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV), con sede en Madrid, con apoio da Brigada de Policía Xudicial da Comisaría de Xerez da Fronteira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade