O Centro Galego de Arte Contemporánea fai 30 anos
O Centro Galego de Arte Contemporánea fai 30 anos
Cincuenta mil visitantes cruzaron as portas deste edificio proxectado por Álvaro Siza
O Centro Galego de Arte Contemporánea está de aniversario. Trinta anos de vida conságrano como un dos principais referentes culturais da nosa comunidade autónoma.
Trinta anos de historia serán o eixe dun amplo abano de actividades para poñer en valor a traxectoria do CGAC a través das pezas máis significativas tanto da propia colección do museo como das exposicións que albergou dende a súa inauguración o 29 de setembro de 1993.
Dende entón, máis de 50.000 visitantes cruzaron as portas deste edificio proxectado por Álvaro Siza, un museo erixido como eixe dinamizador do barrio de San Pedro e referente da vida cultural e artística non só da zona senón de toda Galicia.
Trinta anos despois de abrir as súas portas, o CGAC prepárase para os retos de futuro sen perder, iso si, a súa esencia: a excelencia e a aposta polo talento.