Publicador de contidos
Publicador de contidos

O CIFP As Mercedes aforra 15.000 en gasto enerxético

O CIFP As Mercedes aforra 15.000 en gasto enerxético

Ofrécense para instalar o seu sistema en calquera centro público de Galicia

G24.gal 22/10/2022 13:44 Última actualización 22/10/2022 14:11

É un centro de referencia nacional. Tamén en eficiencia enerxética.
Contribuír a ela é un dos obxectivos que marcan os profesores no deseño curricular das materias nas que foman os alumnos. Non só dun xeito teórico, senón tamén práctico.
Hai dez anos comezaron a implementar un sistema que supón un aforro enerxético anual de quince mil euros.

A implementación do sistema fíxose en catro fases, primeiro con estudos descritivos de gasto enerxético, segundo controlando o consumo eléctrico; terceiro, o de calefacción; e cuarto, modificando outros espazos como portas ou controis de acceso ao centro.

Pechar circuítos eléctricos, programar a calefacción e o sistema de electricidade e vixiar os datos das curvas de consumo son as ferramentas coas que logran un aforro enerxético de 15.000 euros ao ano.

Todo se controla dende unha aplicación; un modelo que se ofrecen a extrapolar a calquera outro centro de ensino ou a calquera outro edificio público de Galicia

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade