O Clúster de Turismo de Galicia avoga por aumentar o gasto medio por visitante
O Clúster de Turismo de Galicia avoga por aumentar o gasto medio por visitante
Os representantes dos hostaleiros queren avanzar na sustentabilidade e na desestacionalización do turismo en Galicia
No sector turístico, o ano péchase en Galicia con marcas de viaxeiros e peregrinos. Foi un bo ano, pero un pouco por baixo das expectativas do sector. Os representantes dos hostaleiros piden seguir traballando para lograr un turismo de máis calidade. Queren, para 2024, mellorar o gasto medio por viaxeiro e aumentar o número de pernoitas.
"Queremos un turismo máis sostible, un turista que pernoite máis días en Galicia, que faga un gasto maior. Temos que ir a outro tipo de turista, as cifras non importan tanto. Galicia está chea de experiencias que hai que poñer a disposición dos turistas. Non só se vai a un hotel a pernoitar, senón que se busca un abano de experiencias arredor dese aloxamento", declarou Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Hostalería de Galicia.
As expectativas de ano novo dos hostaleiros pasan tamén por unha mellora do transporte de viaxeiros, mellores comunicacións en tren e sobre todo en avión.