O concello de Betanzos comeza a repartir auga en camións cisterna
O concello de Betanzos comeza a repartir auga en camións cisterna
A repartición iníciase a persoas maiores de 75 anos que viven soas, persoas con mobilidade reducida ou familias vulnerables
En Betanzos, o Concello empezou a subministrar aos veciños auga potable a través de cisternas.
Este mércores á tarde instalouse a primeira cisterna e está previsto poñer outras dúas noutros dous puntos da vila.
A repartición iníciase a persoas maiores de 75 anos que viven soas, persoas con mobilidade reducida ou familias vulnerables.
Aínda non se sabe a orixe do andazo de gastroenterite. Os resultados das últimas analíticas feitas amosan parámetros normais pero seguen recollendo mostras.
As cisternas estarán dispoñibles mentres non varíe a situación. Tamén, mentres no varíe a situación, seguen as restricións no consumo de auga da traída e tamén das fontes que non están conectadas á rede de subministración.
Os últimos datos apuntan que son máis de 300 os afectados por este gromo de gastroenterite.