O condutor que atropelou a un axente de tráfico duplicaba a taxa de alcol e deu positivo en cocaína
O condutor que atropelou a un axente de tráfico duplicaba a taxa de alcol e deu positivo en cocaína
Tras arrolar o Garda Civil e deixalo ferido, o condutor escapou
Impútanselle catro delitos e deberá comparecer periodicamente no xulgado
O axente permanece estable dentro da gravidade
O atropelo ocorreu na fin de semana no transcurso dun dos dispositivos de verificación de alcol e drogas montado na N-VI en Bergondo. Tras levar o axente por diante, o condutor fuxiu.
De xeito inmediato activouse un dispositivo para dar co autor do atropelo, que non tardou en ser localizado nun polígono próximo con danos no coche compatibles cos feitos, para os que alegou que petara contra as ramas dunha árbore.
É un home de mediana idade que duplicaba a taxa de alcol permitida e que deu positivo en cocaína. Impútanselle catro delitos.
Tras pasar a disposición xudicial, procedeuse á retirada do carné ao condutor, que quedou en liberdade, aínda que terá que comparecer periodicamente no xulgado ata a data do xuízo.
O axente ferido mantense estable dentro da gravidade das lesións con varias fracturas nas pernas.