O consumo de auga da traída triplícase estes días en Codeseda, na Estrada
O consumo de auga da traída triplícase estes días en Codeseda, na Estrada
Algúns veciños sospeitan que o incremento pode deberse a fugas no sistema, pero polo momento as inspeccións non as detectaron
Os picos no consumo de auga da traída son frecuentes durante o verán, pero triplicar o rexistro habitual xa é outra cousa. Isto foi o que ocorreu nos últimos días na parroquia de Codeseda, no municipio da Estrada.
Na zona din que nesta época hai máis xente e cren que esta circunstancia puido influír no aumento do consumo.
Con todo, algúns pensan que é un incremento demasiado grande e cren que pode deberse a fugas no sistema.
Xa se fixeron as primeiras inspeccións para buscar se existe algunha fuga pero, polo momento, non atoparon nada. Tamén se van revisar polo miúdo os contadores para ver onde se rexistraron eses picos e tomar medidas se se detecta un mal uso da auga.