O coruñés Jacobo Diz gaña o Premio Promesas da Alta Cociña Le Cordon Bleu Madrid
O coruñés Jacobo Diz gaña o Premio Promesas da Alta Cociña Le Cordon Bleu Madrid
Jacobo Diz converteuse na gran promesa da alta cociña. Este coruñés de Cambre de 21 anos conquistou o Premio Promesas da Alta Cociña de Le Cordon Bleu Madrid. "Foi unha experiencia brutal e aínda o estou a asimilar", di.
Pichón, arroz e guarnición vexetal. Partindo destes ingredientes comúns para todos os finalistas, coa súa elaboración sorprendeu un xurado presidido polo chef catalán tres estrelas Michelin Eduard Xatruch.
"Gústame moita a cociña tradicional, pero incorporando unha voltiña, un punto de creatividade e minimalismo que me gusta nos empratados e, ao final, foi o que fixen", engade.
Recibirá unha bolsa valorada en máis de 26.000 euros para formarse durante 9 meses na recoñecida Escola de Le Cordon Bleu de Madrid.
No certame tamén foi premiado o centro onde estuda Jacobo, a Escola de Hostalería Paseo das Pontes da Coruña polo seu apoio e compromiso co seu alumnado. Un traballo que se viu recoñecido no campionato SpainSkills 2024.
Melisa e María tamén son alumnas do centro. Melisa gañou a categoría de prata en Restauración e Bar na SpainSkills, as olimpíadas de FP celebradas en Madrid. Logo dos nervios e as emocións vividas segue sorprendida e recoñece que "non esperaba chegar ata aí e estou moi agradecida".
Na modalidade de Panadería e Pastelería, o ouro foi para María que representará a España nos próximos campionatos europeo e mundial.
"Ao final é unha responsabilidade porque non só vas representar a un país e que tamén representas a todos os participantes que competiron contra min tanto na modalidade autonómica como na nacional", apunta Jacobo.
Jacobo e María iniciará agora as súas prácticas na cociña do chef galego dúas estrelas Michelin Javier Olleros, do restaurante Culler de Pau. Talento non lles falta.