O cruceiro de San Amaro (Pontevedra), a piques de derrubarse
O cruceiro de San Amaro (Pontevedra), a piques de derrubarse
O impacto dun vehículo obrigou a apuntalar o monumento
Recolocárase o pasado mes de novembro, logo de dez anos de restauración
Preocupación en Mourente, no concello de Pontevedra. O cruceiro da parroquia corre risco de derruba tras o último accidente de tráfico en que se viu involucrado.
A pasada fin de semana o golpe dun vehículo que fuxiu deixaba o cruceiro a piques de se derrubar pola base do capitel. A cruz e as imaxes do Cristo crucificado e a Virxe das Angustias están apontoadas e o risco de caída é inminente.
A finais do 2023 o cruceiro de San Amaro foi recolocado a uns metros do seu lugar orixinal. Levaba dez anos desaparecido dende que o levaron restaurar polos danos sufridos polos coches que adoitaron aparcar nesta praza. Puxeron unha cadea e uns bloques de formigón para controlar os coches que alguén moveu á media hora de colocalos. A alegría dos veciños durou pouco. O tráfico na praza pon en perigo o cruceiro.
A historia repetiuse hai uns días, cando un camión bateu coa base e a cruz está agora pendurando perigosamente sostida por uns andamios. Os veciños piden unha solución definitiva que devolva a vida ao barrio que coñeceron de nenos. Algúns apostan por pechar a praza ao tráfico recordando os vellos tempos en que a praza era un lugar de encontro e xogos.
Trátase do terceiro impacto que sofre o cruceiro dende que volveu a capela de San Amaro en novembro do 2023.