Un helicóptero rescata un peregrino que lesionou un nocello nun carreiro na Guarda
Un helicóptero rescata un peregrino que lesionou un nocello nun carreiro na Guarda
O home quedou ferido nunha zona rochosa preto do miradoiro de Punta Bazar, na Guarda
Os servizos de emerxencia traballan para rescatar un peregrino italiano que lesionou un nocello nun carreiro na Guarda. O home resultou ferido nunha zona rochosa preto do miradoiro de Punta Bazar, na Guarda.
O aviso chegou ao 112 Galicia a través doutro peregrino, cara ás 17:15 horas.
O alertante explicou que estaban a percorrer un carreiro e chegaran a un punto no que xa non podían continuar. Ademais, retroceder sería inviable porque un dos seus compañeiros acababa de lesionar o nocello.
No operativo participan Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, o GES e a Policía Local da Guarda.
Os servizos de emerxencias valoraron a posibilidade dun rescate por terra, complicado polas condicións do terreo, polo que se solicitou a colaboración do helicóptero Pesca I, do Servizo de Gardacostas de Galicia.
A aeronave de rescate evacuouno ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.