Publicador de contidos
Publicador de contidos

O detido polo crime de Baiona confesa que matou a exmuller cunha machada

O detido polo crime de Baiona confesa que matou a exmuller cunha machada

O arrestado respondeu este venres por primeira vez ás preguntas da xuíza

Enfróntase a un delito de asasinato e dous contra a integridade moral dos menores

G24.gal 17/02/2023 16:05 Última actualización 17/02/2023 16:56

Na súa primeira declaración, o detido polo asasinato da súa exmuller en Baiona recoñeceu que a matou. Ata agora non declarara nin nas dúas veces que estivivera nos xulgados nin ante a Garda Civil

"Recoñeceu os feitos. Declarou -Dixo o seu avogado, Saúl Vidal á saída do xulgados-. Recoñece que foi cun coitelo de cociña duns dez centímetros e unha machada pequena duns 30 ou 40 centímetros. O coitelo di que o deixou no lugar dos feitos e que machada tirouna no monte".

Os feitos sucederon o pasado 5 de febreiro, ás portas da casa da vítima, onde ía deixar aos dous fillos que tiñan. O detido, de 46 anos, enfróntase ao delito de asasinato e a outros dous delitos contra a integridade moral dos menores.

"Como xa recoñeceu os feitos, supoño que ante o Tribunal do Xurado haberá unha especie de conformidade e se dictará a sentenza correspondente. Enfróntase ao delito de asasinato e tamén o Ministerio Fiscal e as acusacións interesaron dous delitos contra a integridade moral dos menores", relata o avogado.

A defensa pediu que se lle apliquen as atenuantes de arrebato, obcecación, confesión e reparación do dano. A xuíza decretou que continúe en prisión provisional comunicada e sen fianza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade