Publicador de contidos
Publicador de contidos

O dispositivo de busca traballou durante horas para dar cos desaparecidos

O dispositivo de busca traballou durante horas para dar cos desaparecidos

G24.gal 25/12/2022 21:33

Eran as nove e cuarto deste sábado cando o autobús de liña que cubría o traxecto entre Lugo e Vigo caeu desde esta ponte sobre o río Lérez á altura de Pedre, en Cerdedo Cotobade. A alerta dun veciño xunto cunha chamada desde dentro do propio autobús sinistrado activaba o operativo de rescate.

O aviso deuno algún dos pasaxeiros do autobús. Enseguida puxemos os dispositivos en marcha. Viñeron os bombeiros e empezamos a traballar. Foi un traballo complicado porque chovía bastante e a ponte ten bastante altura.

O escenario era un autobús no medio do cauce do río cunha corrente e un caudal perigoso e elevado. Houbo que montar un sistema para poder descender ata o autobús e carlle asistencia á persoa que estaba viva, que ao final eran dúas as persoas vivas.

A medida que foi pasando o tempo foi crecendo o nivel de auga e o caudal ata que ao final case non había espazo para traballar.

Ás 9 e media desta mañá retomábase a busca. Despois de sacar a terceira vítima mortal de dentro do vehículo confírmábase que non había máis ninguén no interior e o operativo continúaba traballando no leito do río onde apareceu a cuarta vítima. As outras dúas foron rescatadas xa pola tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade