Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Eixo Atlántico pídelle ao Goberno español que axilice as obras do AVE con Portugal

O Eixo Atlántico pídelle ao Goberno español que axilice as obras do AVE con Portugal

O secretario xeral do organismo di que se poderá ir de Valença a Lisboa no AVE nesta década

Insiste en que só quedará pendente a conexión de Braga co aeroporto do Porto para despois do ano 2030

Comboio de Portugal na estación de Guixar, en Vigo
G24.gal 12/03/2023 14:41 Última actualización 12/03/2023 15:11

O calendario ratificado pola Comisión Europea para poñer en servizo o AVE Vigo-O Porto fixa como data de finalización 2040, un prazo que para o organismo transfronteirizo Eixo Atlántico pode acelerar aínda o Goberno español para chegar, como xa anunciou Portugal, en 2030 á fronteira lusa. Así o reclama Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico.

"O Goberno central conseguimos que licitara a saída sur pero descubrimos que só licitou a metade porque o treito entre o Porriño e Tui segue sen estar licitado. Se realmente se cumprisen os compromisos e se licitase inmediatamente ese tramo, posto que xa se fixo unha declaración de impacto ambiental, e se consegue que esta que xa caducou poida aínda aproveitarse, poderiamos aforrar e chegariamos xustos ata o 2030".

Vázquez Mao insiste en que as previsións de Portugal non son incompatibles co que marca Bruxelas: di que os trens entre Valença e Lisboa circularán antes de que remate esta década aínda que non estea toda a liña rematada.

"En 2030 ti podes ir de Valença a Lisboa pola liña nova salvando un pequeno treito de 40 km que se vai utilizar a liña actual entre Nine e O Porto".

Ese treito, di o secretario xeral do Eixo Atlántico, será o que se execute con posterioridade a 2030, tal e como establecen os prazos ratificados pola comisaria europea. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade