Salvamento Marítimo explícanos o emocionante rescate de Malpica
Salvamento Marítimo explícanos o emocionante rescate de Malpica
Un mergullador accedeu ao interior da embarcación antes de comezar co rescate e comprobou que o tripulante seguía con vida
Era ben entrada a noite cando o dispositivo de rescate de Salvamento Marítimo daba coa embarcación envorcada a 20 millas de Malpica.
Iniciábase así un rescate complicado polo mal estado do mar. Con todo o tripulante do barco era un experimentado home de mar, un francés de 62 anos que soubo reaccionar con sangue frío para manterse con vida.
Parecía imposible, pero lográrono. Un mergullador do operativo lanzouse á auga e coa embarcación afianzada accedeu ao interior do barco. Alí estaba o tripulante, 16 horas despois e con vida.
Un rescate contra o reloxo en que a burbulla de aire que se formou foi a clave. Para todo o operativo foi moi emocionante. Normalmente este equipo de mergulladores mobilízase cando non hai esperanza, pero desta vez, salvaron unha vida.