Publicador de contidos
Publicador de contidos

O expresidente andaluz José Antonio Griñán, máis preto de poder evitar o cárcere

O expresidente andaluz José Antonio Griñán, máis preto de poder evitar o cárcere

O Constitucional prepárase para eliminar os delitos de malversación a todos os altos cargos condenados que non formaban parte da Consellería de Emprego

A decisión pon na picota as sentenzas tanto da Audiencia de Sevilla coma do Tribunal Supremo 

Griñán aínda non entrou en prisión por problemas de saúde
G24.gal 25/06/2024 14:21

Os eres andaluces, o maior caso de corrupción de España, podería quedar reducido a cascallos.
O Constitucional prepárase para emendarlle a plana á Audiencia de Sevilla e ao Supremo. 
Anulará as condenas por malversación aos altos cargos que non formaban parte da Consellería de Emprego. A proposta conta en principio co apoio dos sete maxistrados elixidos a proposta PSOE e o voto en contra dos catro conservadores. 

A maioría progresista argumenta que non pode haber malversación en responsables políticos que non traballaban directamente na área encargada de adxudicar as axudas fraudulentas. 
E esa interpretación beneficiará a José Antonio Griñán e outros responsables da Junta implicados. O Partido Popular cuestiona a decisión. O voceiro do PP no Congreso, Miguel Tellado, sostén que o PSOE pretende que o Constitucional "se dedique a borrar delitos de amigos do goberno de Sánchez, borrar delitos de socialistas. Creo que esa non é a función do TC". 

O Partido Socialista pide respecto para as decisións xudiciais por que "as sentenzas pódense criticar" pero o que non "é de recibo é que cando non che gustan xogues a deslixitimar o órgano". Segundo López o que di o TC é que "non é delito facer leis" e iso, engade, "paréceme razoable": 

A sentenza dos eres concluíu que entre os anos 2000 e 2009, a entón cúpula do PSOE andaluz  deseñou un sistema fraudulento de axudas a empresas que repartiu 680 millóns de euros destinados a loitar contra o paro. Cinco exaltos cargos foron inhabilitados por prevaricar. E dez máis recibiron penas de cárcere por malversación. Entre eles Griñan, que non entrou no cárcere por motivos de saúde. E que agora pode librarse desa lousa definitivamente. 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade