Publicador de contidos
Publicador de contidos

O galeón Andalucía pódese visitar en Baiona ata o domingo

O galeón Andalucía pódese visitar en Baiona ata o domingo

É un auténtico museo flotante, onde se pode descubrir como durmía a súa tripulación no século S. XVII, que comían e imaxinar tamén a dureza das travesías

G24.gal 13/05/2022 21:33

Achegarse a Baiona pode ser outra opción para esta ponte festiva, estes días cun atractivo engadido, visitar a réplica dun galeón español de máis de 50 metros de eslora que xa está amarrado no seu porto.

Con cinco canóns por banda e sete velas, está amarrado na localidade pontevedresa de Baiona o chamado galeón Andalucía. É un auténtico museo flotante, onde se pode descubrir como durmía a súa tripulación no século dezasete, que comían ou imaxinar a dureza das travesías. 

Ata o domingo estará en Galicia e despois partirá cara á Bretaña francesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar