Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno aproba este martes a declaración de Tenerife como zona catastrófica

O Goberno aproba este martes a declaración de Tenerife como zona catastrófica

O incendio do pasado agosto causou danos valorados en 80,4 millóns de euros

G24.gal 04/09/2023 21:46

O Consello de Ministros aprobará este martes a declaración do que coloquialmente se coñece como zona catastrófica en Tenerife e outros territorios afectados por incendios forestais e inundacións ata agosto.

Tal e como anunciou o presidente do Goberno Pedro Sánchez o pasado 21 de agosto na súa visita a Tenerife, declararase a illa "zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil" tras o incendio que desde o pasado 15 de agosto causou danos valorados en 80,4 millóns de euros, segundo os cálculos do cabido de Tenerife.

Arderon en total como consecuencia deste incendio forestal 14.700 hectáreas, das cales 635 hectáreas eran de uso agrícola, segundo afirmou o xoves pasado Valentín González, responsable insular do Sector Primario, sector a que o incendio forestal ocasionou prexuízos de ata 11,3 millóns, afirmou.

A declaración de "zona catastrófica" implica a adopción de medidas como axudas para aliviar os custos de danos en vivendas ou producións económicas, compensacións ás administracións por gastos ou bonificacións fiscais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade