Ferrovial comunícalle ao Goberno que segue co seu plan de marchar aos Países Baixos
Ferrovial comunícalle ao Goberno que segue co seu plan de marchar aos Países Baixos
Facenda avisa: sen un motivo válido, non haberá beneficios fiscais
O Goberno intensifica a súa ofensiva e avisa a Ferrovial de que pode perder vantaxes fiscais se non xustifica o seu traslado aos Países Baixos.
A empresa responde que os seus motivos son de sobra coñecidos e confírmalle por escrito que continúa cos seus plans.
Esta tirapuxa prodúcese en vésperas de que os accionistas de Ferrovial voten a decisión do traslado.
A Axencia Tributaria estudará de oficio se hai motivos económicos válidos para o traslado de Ferrovial aos Países Baixos.
Así o confirmou este martes a directora xeral da Axencia, Soledad Fernández. Asegura que se hai motivo válido, a empresa non terá ningún problema.
Pero se o único motivo do traslado fose un aforro fiscal, a operación podería ter un custo económico moi elevado para Ferrovial.
A empresa alega que desde España non pode cotizar de forma dual nas bolsas de Madrid e Nova York. Algo que o Goberno volvía cuestionar este martes a través da ministra voceira, Isabel Rodriguez. "O máis importante é, di, subliñar a compatibilidade de poder cotizar en España e en Bolsas estadounidenses".
Ferrovial cre que o Goberno pretende meterlle presión á xunta de accionistas, que terán que votar o próximo xoves o traslado da sede a Holanda.
"A día de hoxe non é posible esa cotización dual", asegura o seu voceiro Francisco Polo, "e nós recomendaremos aos accionistas as mesmas actuacións que xa levaron a cabo outras 22 empresas europeas".
De momento, o Fondo Soberano Noruegués anunciou a súa oposición ao traslado.