Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno mantén a negativa a negociar cos folguistas

O Goberno mantén a negativa a negociar cos folguistas

A ministra insiste en que a ultradereita "está alentando" as protestas

O presidente expresa a súa "empatía" co sector

Antón Montero 18/03/2022 19:25

Apupos á ministra de Transportes no quinto dia de paro. Raquel Sánchez insiste en que os convocantes están sendo manipulados: "Hai unha parte da ultradereita, da extrema dereita, que está alentando esas mobilizacións violentas".

A ministra de Facenda, María Jesús Montero, acúsaos de "facerlle o xogo a Putin, que o que quere é que esta invasión de Ucraína provoque inestabilidade".

No sector din que o que os move é a desesperación.

"Non somos uns radicais. Estamos loitando por uns mínimos de non poder ir máis á creba. Non aguantamos máis", di un camioneiro. Outro quéixase de que "nos están criminalizando. En ningunha manifestación vas ver ningunha pancarta de ningún partido político".

O presidente do Goberno ofrece diálogo, pero tamén condena a violencia. Pedro Sánchez expresou a súa "absoluta empatía, absoluta disposición a continuar o diálogo", pero tamen chamou á responsabilidade "desta minoría que, por desgraza, está actuando nalgunhas ocasións de forma violenta".

Postura do resto dos partidos 

Unidas Podemos subscribe o que di o seu socio de Goberno, pero tamén os motivos dos camioneiros.

A súa voceira, Isa Serra, cre que "é evidente que VOX está tratando de sacar tallada dunha situación de crise como na que estamos pero aínda así, o que temos que facer desde o Goberno de coalición é entender o que está pasando. Os transportistas teñen unha situación complicada".

VOX pídelle ao executivo que non falte aos cidadáns. "Os políticos, para o que temos que estar aquí é para impulsalos, axudalos, non poñerlle trabas e, sobre todo, para non insultalos", dixo a súa voceira en Madrid, Rocio Monasterio.

Nas estradas, as forzas de seguridade seguen protexendo convois. O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, garantiu que "todos os camioneiros que queiran traballar van poder traballar".

Interior informa de 6 detencións, 34 denuncias e case 600 identificacións por actos de violencia desde os piquetes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos