Publicador de contidos
Publicador de contidos

O home acoitelado na Rúa perdeu dous litros de sangue

O home acoitelado na Rúa perdeu dous litros de sangue

A Garda Civil busca os autores da agresión, que foi cunha navalla bolboreta

O ferido segue ingresado no CHOU e precisou cirurxía e transfusións

G24.gal 06/07/2023 13:49

Os restos do sangue aínda se estenden por un tramo duns dez metros no lugar do acoitelamento. A ferida no brazo fixo que o home perdera dous litros de sangue e que salvara a vida grazas a que lle aplicaron un torniquete. A súa parella, Mónica Gavella, di que foi unha agresión premeditada e que estaban esperando para atacalo. 

O ferido é un veciño de Friol, de 35 anos, que pasaba estes días de vacacións na Rúa. Permanece ingresado pero fóra de perigo no hospital de Ourense, aínda que foi preciso aplicarlle cirurxía e haberá que ver como queda a mobilidade do brazo.

Mónica lamenta que os veciños non planten cara aos agresores porque, asegura, é o único xeito de poñer fin a uns abusos que culminaron con esta agresión.

Axentes da Garda Civil pasaron a mañá percorrendo as rúas da vila e falando cos veciños para dar co paradoiro dos presuntos agresores, que empregaron unha navalla de estilo bolboreta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade