Publicador de contidos
Publicador de contidos

O home de Guntín acusado de matar o pai participa na reconstrución dos feitos

O home de Guntín acusado de matar o pai participa na reconstrución dos feitos

O suposto agresor, de 46 anos, está en prisión sen fianza dende o pasado domingo

G24.gal 18/01/2024 17:07

O suposto parricida de Guntín participou este xoves na reconstrución do crime na casa familiar de Entrambasaugas.

Foi en presenza da xuíza do Xulgado de Instrución número 3 da capital lucense, que investiga o crime.

O acto durou arredor de 15 minutos. O sospeitoso, que foi trasladado desde o centro penal de Bonxe, “mostrouse colaborador”, segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Tras esta dilixencia, a xuíza comezará a practicar as probas testificais.

A xuíza decretou o pasado domingo prisión provisional, comunicada e sen fianza, para o home de 46 anos que o venres fora detido como suposto autor do disparo cunha escopeta de caza que acabou coa vida do seu pai, José Vázquez, de 76 anos.

Despois da súa detención, o sospeitoso foi trasladado ao HULA a causa dun ataque de ansiedade.

O domingo pola mañá pasou a disposición xudicial e acolleuse ao seu dereito de non declarar.

A autoridade xudicial enviouno a prisión como investigado por un suposto delito de homicidio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade