Publicador de contidos
Publicador de contidos

O home que matou as fillas en Almería usou pesticida para envelenalas

O home que matou as fillas en Almería usou pesticida para envelenalas

Igualdade confirma que se trata dun caso de violencia vicaria

G24.gal 19/03/2024 17:25

O informe preliminar da autopsia practicada ao pai e ás dúas nenas de 2 e 4 anos atopadas sen vida nun casarío de Alboloduy (Almería) confirma que a morte se debeu a unha "intoxicación por pesticida", segundo informou este martes o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía.

A morte das dúas menores produciuse aproximadamente ás 9:30 horas da mañá do domingo, mentres que a do pai tivo lugar pouco antes das doce da noite.

Cando a comisión xudicial e os servizos de emerxencia sanitarios acudiron ao lugar dos feitos, o pai aínda se atopaba con vida, pero faleceu ao pouco tempo.

A causa permanece de momento en mans no Xulgado de Instrución 6 de Almería, que é o que se atopaba de garda e o que levou a cabo o levantamento dos cadáveres, pero inhibirase posteriormente ao Xulgado de Violencia sobre a Muller 1 de Almería.

O home, cun xuízo pendente por malos tratos e ameazas á súa exparella -da que tiña unha orde de afastamento-, asasinou as fillas de ambos aproveitando un réxime de visitas e posteriormente suicidouse.

O suceso, que a Garda Civil investiga como un caso de violencia vicaria, tivo lugar nun casarío illado da pedanía das Alcubillas.

Coñeceuse despois de qa nai das menores se estrañase de que as súas fillas non regresaran a tempo ata Abla, onde residían desde había uns dous anos.

O presunto asasino, de 35 anos, tiña un réxime de visitas das menores recoñecido xudicialmente os sábados e domingos entre as 12:00 e as 18:00 horas e unha orde de afastamento por malos tratos para evitar o contacto coa súa exparella e nai das nenas.

Tras estes asasinatos, os concellos de Alboloduy e Abla decretaron tres días de loito oficial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade