O Imserso oferta 820.000 prazas turísticas para o programa 2022-2023 sen subir os prezos
O Imserso oferta 820.000 prazas turísticas para o programa 2022-2023 sen subir os prezos
Case catro millóns de persoas pódense beneficiar deste programa
As prazas iniciais serán ampliables se hai demanda suficiente, informa o Ministerio de Dereitos Sociais e a Axenda 2030
O novo programa vaise desenvolver desde outubro de 2022 ata xuño de 2023
O programa de turismo social do Imserso ofertará 820.000 prazas para a tempada 2022-2023. A estas prazas non se lle vai incrementar o prezo respecto do programa anterior. Pódense beneficiar deste programa case catro millóns de persoas, que cumpren os requisitos para acollerse a estas viaxes.
As prazas iniciais serán ampliables se hai demanda suficiente, informou o Ministerio de Dereitos Sociais e a Axenda 2030.
O Ministerio que dirixe Ione Belarra, di que se agarda que as viaxes do Imserso "cumpran as expectativas" das persoas maiores e colaboren "co mantemento do emprego estacional no sector turístico".
Os beneficiarios destas viaxes comezarán a recibir cartas informativas ao longo desta semana
Ao longo desta semana, os beneficiarios destas viaxes recibirán cartas informativas sobre o inicio da nova tempada, que se desenvolverá dende outubro de 2022 ata xuño de 2023.
A finais de xuño publicarase no BOE a convocatoria que abrirá o prazo de solicitude de alta de novos beneficiarios ou modificación de datos, e non será ata setembro cando se confirme a acreditación dos participantes.
Ao longo da segunda quincena de setembro comezarán a comercializarse as viaxes, que comezarán coincidindo coa temporada baixa turística, a mediados de outubro.
A actual campaña vai pechar con máis de medio millón e viaxes realizadas, segundo o Ministerio
O ministerio de Dereitos Sociais lembra que a presente campaña de viaxes do Imserso vai pecharse con máis de medio millón de viaxes realizadas e cun alto índice de satisfacción por parte dos usuarios.
Dereitos Sociais sinala que as viaxes son seguras para as persoas maiores: dos 420.000 viaxeiros rexistrados ata mediados de maio, só 625 se infectaron de coronavirus.