Publicador de contidos
Publicador de contidos

O inverno en Galicia foi húmido e extremadamente cálido

O inverno en Galicia foi húmido e extremadamente cálido

Segundo a AEMET a temperatura media quedou 1,8 graos por riba do habitual nesta época do ano

G24.gal 13/03/2024 14:45

A unha semana de darlle a benvida a unha nova estación cómpre facer balance de como foi este inverno en Galicia: húmido e tamén extremadamente cálido. En concreto, a anomalía media do inverno foi de 1,8 graos por riba da media do inverno, e iso fixo que este fose o inverno máis cálido da historia dende que hai rexistros en 1961.

De feito, segundo a AEMET, levamos xa 27 meses consecutivos con temperaturas máis altas do normal. E se falamos de chuvias, un 14 por cento máis do que é habitual nestas datas.

Se cadra tamén pode vir así a Semana Santa. A falta de previsións, as estatísticas din que a última semana de marzo adoita vir pasada por auga. Non quere dicir que estea chovendo todo o día, pero si que se rexistran precipitacións cinco ou seis días dos sete.

Avanzando no trimestre, as previsións apuntan a que en Galicia imos ter unha primavera máis cálida do habitual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos