Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lobo mata dezaseis cabras de raza autóctona en Lourenzá

O lobo mata dezaseis cabras de raza autóctona en Lourenzá

Os animais mortos están valoradas en máis de 2.500 euros

Félix Aragunde 18/05/2022 13:52

No Lugar de Arroxo quedan aínda os restos dalgunhas das dezaseis cabras de raza autóctona que o lobo matou en Lourenzá. Ocorreu a escasos metros das vivendas.

"Topámonos inicialmente cunha morta. A medida que fomos avanzando xa nos encontramos máis canto animais. O que non estaba comido, estaba morto, sangrado polo pescozo", explica Jorge López, hostaleiro e dono das cabras.

O dono das cabras é un hostaleiro que cría os animais para o seu restaurante no pazo de Tovar, en Lourenzá. Tiña programadas unhas xornadas gastronómicas do cabrito, pero xa non se van poder celebrar.

"Teñen o seu valor económico, de entre 150 e 200 euros por nai, polo que podemos oscilar entre 2.500 e 3.000 euros, e nunca nos van compensar polo valor que teñen. Si o lobo ten que vivir, pero a pregunta é a que prezo", di Jorge.

No lugar onde localizaron parte das cabras mortas tamén apareceron as pegadas de varios lobos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade