O lobo matoulle a unha veciña de Rois catro mascotas nos últimos catro anos
O lobo matoulle a unha veciña de Rois catro mascotas nos últimos catro anos
O último ataque foi a un canciño yorkshire a plena luz do día
Di que a presenza do lobo preto das casas limita a súa vida diaria
Unha mascota por ano durante os últimos catro anos. Son as que unha veciña de Rois denuncia que o lobo lle matou. A última, hai tan só uns días. Un canciño yorkshire que o lobo levou da porta da casa.
Na horta situada a escasos metros da casa, en Vilar de Castro, foi onde Duque, o único can que lle quedaba a Celia, atopou o rastro de Snoopy, o Yorkshire que o lobo lle matou hai unha semana.
Para Celia este ataque non é un feito novo. Nos últimos anos xa perdeu 4 mascotas.
Tras denunciar os feitos ante a Garda Civil, está á espera da visita dos axentes do Seprona. Asegura que o lobo pasea ás súas anchas polas súas propiedades e que limita a súa vida e a da súa familia.
Di que o lobo matou máis animais na aldea, pero que a xente ten medo a denunciar. Pide que se tomen medidas como proporcionar alimento aos lobos no seu hábitat para evitar que baixen buscalo preto das casas.