Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lugués Jorge Prado deixa KTM e pasa a Gas Gas

O lugués Jorge Prado deixa KTM e pasa a Gas Gas

Gas Gas pertence ao grupo KTM e desde hai un par de anos está a ser potenciada pola compañía austríaca

G24.gal 14/12/2021 16:16

O lugués Jorge Prado non vestirá as cores de KTM na tempada 2022 do Campionato do Mundo de MXGP. Despois de toda unha vida de laranxa, pasou ao vermello de Gas Gas, marca pertencente ao grupo KTM e que desde fai un par de anos está a ser potenciada pola compañía austriaca.

Para 2022 nace o Red Bull GasGas Factory Racing no Mundial de MXGP con Jorge Prado como gran estrela, buscando o título mundial. Prado, que ata o de agora compartía equipo en KTM co campión Jeff Herlings e o xa retirado Tony Cairoli, pasa desta forma para correr baixo o nome da mítica marca española.

"É un sentimento realmente especial para min, como español, competir con Gas Gas coa súa herdanza española", admite Jorge Prado. "Non podo esperar para empezar a correr coas miñas novas cores en febreiro. Comezar a tempada pronto é perfecto para min porque prefiro correr e síntome xenial na nova moto, así que estou impaciente pola primeira rolda", admite o galego.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar