Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mal tempo podería atrasar a repatriación dos mariñeiros no avión que xa partiu cara ás Malvinas

O mal tempo podería atrasar a repatriación dos mariñeiros no avión que xa partiu cara ás Malvinas

O presidente Alfonso Rueda ofrece o apoio da Xunta ás vítimas á súa chegada a Galicia

O avión para repatriar os mariñeiros do Argos Georgia partiu xa cara ás Malvinas

G24.gal 26/07/2024 14:10

O avión militar español que vai repatriar os mariñeiros españois do Argos Georgia engalou sobre as 11 da mañá deste venres camiño das illas Malvinas.

As malas previsións meteorolóxicas poderían obrigar a unha aterraxe alternativa, o cal atrasaría un pouco o operativo de repatriación.

Aínda que está previsto que os tripulantes españois regresen a fin de semana, a repatriación dependerá tamén da investigación do naufraxio, xa que os seis sobreviventes nacionais —catro galegos (tres de Ribeira e un de Pontevedra), un de Barcelona e unha veciña de Sovocos (Albacete), Amparo Burguillos, que ía no barco como observadora científica— teñen que prestar declaración antes de retornar a España.

Xunto aos seis sobreviventes españois serán repatriados os corpos de César Acevedo, veciño de Vigo e patrón de pesca do barco, e Santiago Leyenda, de Baiona (Pontevedra) e cociñeiro principal da embarcación, que faleceron no accidente.

O buque pesqueiro, no que ían 27 persoas —dez españois, oito rusos, cinco indonesios, dous uruguaios e dous peruanos—, naufragou o luns e deixou un balance de nove mortos e catorce sobreviventes, todos eles xa en terra, en Porto Stanley.

No mar, continúan desaparecidos outros catro tripulantes, entre eles dous galegos: de Ribeira e Noia (A Coruña).

O presidente Alfonso Rueda ofrece o apoio da Xunta ás vítimas á súa chegada a Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade