Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ministro do Interior descarta dimitir tras a sentenza sobre o coronel De los Cobos

O ministro do Interior descarta dimitir tras a sentenza sobre o coronel De los Cobos

Grande-Marlaska evita concretar como o vai restituír no seu posto como xefe da Comandancia de Madrid

Feijóo esíxelle a Sánchez a saída inmediata do ministro do Goberno

O ministro do Interior pasa por un dos peores momentos da lexislatura
G24.gal 31/03/2023 14:32

A sombra do Coronel, Pérez de los Cobos, persegue a Marlaska desde hai máis de dous anos.
O ministro do Interior destituíuno do seu posto de Xefe da Comandancia de Madrid, de forma fulminante por perda de confianza. Pero o Tribunal Supremo díxolle que non, que non tiña razón.

O Supremo di que motivo esgrimido polo Ministro para xustificar a perda de confianza "son confusos" e "contrarios á función da Policía Xudicial". Que fará agora o ministro?  O fiscal xeral do Estado márcalle o camiño. Álvaro García Ortiz di que o que hai que facer é "cumprir coas sentenzas xudiciais". A sentenza é clara. Debe restituílo no seu posto de xefe da Comandancia de Madrid. Pero Marlaska, máis cuestionado ca nunca, evita concretar como.

Feijóo esíxelle a Pedro Sánchez a saída inmediata do titular de Interior do Goberno pero o ministro "non ten intención algunha de renunciar", como sostivo esta mañá en Xaén.  A asociación da Garda Civil, APROG, arremete contra a posición de Marlaska. Din que non "ten outra saída". Unha opinión que comparte a Asociación Unificada de Gardas Civís, AUGC.

Pérez de los Cobos agarda, pero non descansa. O seu equipo de avogados estuda querelarse contra o ministro pola súa intervención este mércores na sesión de control ao Goberno no Congreso. Marlaska suxeriu que a perda de confianza no coronel  derivaba da súa xestión dos fondos reservados "sen o debido control".  Pero esta mañá matizaba. Sostén que non lle estaba imputando ningunha irregularidade, só que había moita "marxe de mellora no seu traballo". 

O ministro e o coronel manteñen vivo outro pulso. De los Cobos quere ascender a xeneral pero Interior négase malia que obtivo a mellor nota de todos os aspirantes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade