Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mozo acusado de matar a súa nai en Badaxoz pasa a disposición da Fiscalía de Menores

O mozo acusado de matar a súa nai en Badaxoz pasa a disposición da Fiscalía de Menores

A Policía Científica analiza as probas e investiga o ocorrido buscando respostas a este crime

G24.gal 03/05/2024 14:44

É día de loito en Badaxoz. O Concello amenceu coa bandeira a media hasta, conmocionado e triste como deixaron ver no minuto de silencio gardado por Carmen, a veciña que morreu presuntamente acoitelada polo seu fillo de 17 anos.

O alcalde, Ignacio Gragera, aseguraba que "para nós isto foi un mazazo para a cidade no seu conxunto, un auténtico drama que, por suposto, non agardabamos e que impacta".

Case á mesma hora o mozo pasaba a disposición da Fiscalía de Menores. Foi el quen chamou a policía para alertar do que pasara na vivenda familiar. Por teléfono contoulles aos axentes que discutira coa nai e que a agredira cun coitelo. Xa no piso, comprobaron que o corpo da muller, de 60 anos, presentaba feridas por arma branca, e os servizos sanitarios só puideron certificar a súa morte.

José Luis Quintana, delegado do Goberno en Estremadura, explicou que "cando teña xa todos os datos da autopsia, e despois do que determine o xuíz, pois seguirá a investigación oportuna por parte da Policía Nacional".

A Policía Científica analiza as probas que recolleu na vivenda familiar. O alcalde de Badaxoz dicía que "non temos información. Ademais está baixo segredo de sumario. Non coñeciamos nin temos coñecemento directo de posibles antecedentes de situacións previas parecidas".

A muller tiña outra filla, tamén adoptiva. No colexio en que traballaba como mestra din estar conmocionados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade