O Parlamanto galego acorda pedir que se estude a anulación da prórroga da AP-9
O Parlamanto galego acorda pedir que se estude a anulación da prórroga da AP-9
A proposta presentada polo BNG conseguiu contar co apoio do PP ao eliminar da súa redacción que a prórroga foi concedida “irregularmente”
A proposta solicita que se avalíen os custos económicos de asumir a xestión directa e pide ao Goberno que anule as prórrogas e suprima as peaxes
O Parlamento galego, tras a apertura por parte da Comisión Europea (CE) dun procedemento de infracción contra España polas condicións para estender a concesión da AP-9, alcanzou o acordo de todos os grupos para solicitar á Xunta que encargue un estudo no que se exploren as vías xurídicas sobre a posible anulación da prórroga.
A proposta, presentada polo BNG, conseguiu contar co apoio dos populares ao eliminar da súa redacción que a prórroga foi concedida “irregularmente”. Os nacionalistas eliminaron esta apreciación de forma que o texto conseguiu saír adiante por unanimidade.
Así mesmo, a PNL solicita que se avalíen os custos económicos que tería para o Estado a asunción da xestión directa da AP-9. De igual forma, a proposta fai peticións directas ao Goberno estatal para que anule as prórrogas, asuma a xestión da autoestrada e acometa a supresión das peaxes.