Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pazo da Auga de Mondariz, elixido como mellor spa de España

O Pazo da Auga de Mondariz, elixido como mellor spa de España

Os usuarios da web de experiencias Aladinia sitúano como o mellor circuíto termal do país

Máis de 3000 metros destinados ao ocio, o relax e a saúde

G24.gal 25/01/2023 14:41

Boas noticias para a vila termal de Mondariz-Balneario no seu 150 aniversario. Para os usuarios do portal de viaxes e experiencias Aladinia, o spa do Pazo da Auga é o mellor de España.

"É un circuíto termal especial por moitas cousas, para empezar polo seu tamaño, son máis de 3000 metros cadrados destinados ao ocio, o relax e a saúde" explica Laura Gómez San Miguel, directora médica do Balneario de Mondariz

Malia que as augas quentes do spa non son medicinais, si teñen efectos terapéuticos dos que gozan por igual nenos e adultos. Un turismo de saúde en pleno auxe no que o circuíto termal de Mondariz-Balneario foi pioneiro.

"Ten chorros a diferentes presións e alturas, camas de auga, camas quentes, unha fervenza, sauna... e está dirixido non só a persoas maiores senón tamén aos nenos e a familia", engade a directora médica.

E ao saír da auga a experiencia pode completarse cun paseo pola Vila Termal e unha parada para beber na fonte da Gándara. Dela emanan augas mineromedicinais con propiedades únicas que converteron o de Mondariz nun dos balnearios máis prestixiosos de Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade