Publicador de contidos
Publicador de contidos

Asumir riscos a cambio de 'likes', o perigo dos retos virais

Asumir riscos a cambio de 'likes', o perigo dos retos virais

Un neno de Cartaxena acabou no hospital co xogo do KO

Educar o espírito crítico dos menores e pactar normas de uso de redes, chaves para previr riscos

G24.gal 11/05/2023 13:10

Deixar que che presionen o peito ata quedar sen aire. Niso consiste KO, o reto viral co que un neno de Cartaxena acabou no hospital despois de golpear a cabeza no chan polo desmaio. É o último desafío dunha longa lista en que os menores asumen riscos a cambio de likes.

"Nestas idades a presión do grupo é tan grande que son capaces do que sexa para ter aceptación. É necesaria unha educación na autoestima, no coidado persoal en que se queiran a si mesmos", explica a psicóloga Paula Martínez Figueiras.

Xunto a retos divertidos ou inocentes, aparecen outros que poñen en perigo a saúde e mesmo a vida dos participantes. Autolesionarse, lamber retretes, botarse auga fervendo..., a falta de madurez e espírito crítico fai que algúns menores acepten o inaceptable.

"Non se trata de demonizar as redes nin de sacarlles todo de diante, pero si de que teñan un espírito crítico. Todo aquelo que che fai dano, que te pon en risco a ti ou a terceiras persoas non é divertido nin válido nin aceptable. Do mesmo xeito que lles ensinamos que o ferro queima se van aprender a pasalo tamén hai que explicarlles que as redes poden queimar se non se usan ben", engade a especialista en psicoloxía infantil e xuvenil.

E porque poden queimar convén pactar e supervisar o uso que fan de Internet os máis pequenos. E no caso de detectar algún reto perigoso, cómpre reportalo á Policía e á propia rede social que o difunde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade