Publicador de contidos
Publicador de contidos

O polígono do Campiño, en Pontevedra, ampliará superficie en máis de 300.000 metros cadrados

O polígono do Campiño, en Pontevedra, ampliará superficie en máis de 300.000 metros cadrados

Este luns ábrese un prazo de dous anos para que a empresa adxudicataria presente o proxecto

 Todas as parcelas do parque empresarial están ocupadas na actualidade

G24.gal 29/01/2024 14:05

Non queda ningunha parcela libre nin para alugar nin para vender no polígono industrial do Campiño que colga desde hai tempo o cartel de completo con medio cento de empresas instaladas. 

Cun orzamento de máis de 266.000 euros, a empresa adxudicataria terá un prazo de dous anos para presentar o proxecto de crecemento do polígono. 

A Xunta de Galicia encargou o plan urbanístico para habilitar 340.000 metros cadrados máis de solo industrial. 

Ánxeles Vázquez mantivo unha reunión cos empresarios do polígono par informarlles do proxecto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade