O porto da Coruña recibe seis cruceiros durante a Semana Santa
O porto da Coruña recibe seis cruceiros durante a Semana Santa
A Autoridade Portuaria agarda pechar a temporada con máis de 150 escalas
Na ponte da Semana Santa chegarán en barco 10.000 persoas Á Coruña
O porto da Coruña está inmerso nunha das temporadas máis fortes do ano en tráfico de cruceiros, coa previsión de 41 escalas nos meses de abril e maio. Para a ponte da Semana Santa está prevista a chegada de preto de 10.000 persoas, entre pasaxeiros e tripulación.
Na xornada do venres tres transatlánticos amarraron na cidade coruñesa, entre eles o imponente Aida Cosma, un dos buques con maior envergadura do mercado, con 337 metros de eslora. A primeira hora do sábado aportou o alemán Main Shiff, no que viaxan 1.800 turistas.
As previsións da Autoridade Portuaria adiantan que este ano se superarán todas as marcas no que respecta ao turismo de cruceiros. Hai programadas máis de 150 escalas que contribuirán a revitalizar a hostalería e o comercio da cidade, especialmente na zona do centro.