Publicador de contidos
Publicador de contidos

Javier Touza (ARVI): "O importante é que non nos esquezamos dos corpos"

Javier Touza (ARVI): "O importante é que non nos esquezamos dos corpos"

O presidente dos armadores de Vigo insta ás administracións a axilizar a burocracia para que as familias poidan seguir adiante 

G24.gal 19/02/2022 08:49

O presidente de ARVI (Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo), Javier Touza, pide na Radio Galega que non cese aínda a busca dos mariñeiros desaparecidos tras o naufraxio do Villa de Pitanxo.

Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana, Touza considera que é unha cuestión de "sensibilidade humana" que se siga buscando os corpos. 

"Para nós o importante é que non nos esquezamos dos corpos. É moi difícil para a xente de terra que non está vinculada co mar explicarlle que non ten nada que ver o poder darlle o último abrazo ao familiar, ao ser querido, que non poder cerrar o loito no caso de que non teñamos corpo".

Javier Touza saúda que o Goberno español vaia fretar un avión militar para repatriar os superviventes e os falecidos e tamén ve con bos ollos a petición da Xunta de que o Executivo central envíe un avión de Sasemar (Salvamento Marítimo) para que participe na busca dos 12 mariñeiros aínda desaparecidos en augas de Terra Nova. 

O presidente de Arvi tamén xulga prioritario que as administracións faciliten os trámites ás familias de mortos e desaparecidos. Considérao unha "cuestión de humanidade". 

"É cuestión de humanidade, iso é unha gran prioridade. Había familias con cinco fillos e que teñen que comer hoxe, mañá e pasado. Non agravemos unha dor tan forte humana, psicolóxica, con problemas de tipo económico ou administrativo, burocrático".

Javier Touza, presidente de ARVI Javier Touza, presidente de ARVI
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade