Publicador de contidos
Publicador de contidos

O problema dos nenos hiperagasallados volve coa noite de Reis

O problema dos nenos hiperagasallados volve coa noite de Reis

Os psicólogos recomendan a regra dos tres agasallos: algo que desexe, algo que necesite e algo educativo

G24.gal 05/01/2022 21:22

Algunhas familias cumpren todos os desexos das cartas ás Súas Maxestades pensando erradamente que as nenas e nenos precisan moitos agasallos para ser felices.

A psicóloga sanitaria, Victoria Canosa, advirte dos problemas derivados dos nenos hiperagasallados.

"A felicidade non está no número de regalos que teñamos na casa. Con tanto agasallo que lles facemos, fanse nenos máis caprichosos, que non consinten que se lles neguen o que piden"

"Cando se afan a que todo o que piden poden telo de boas a primeiras realmente non os estamos axudando a tolerar a frustración e a que maduren de forma óptima, para saber que non todo lles vai saír sempre como queren á primeira e que é parte da vida" 

Os psicólogos recomendan a regra das tres cousas: algo que desexe de verdade, algo que necesite e algo educativo. Ademáis de tempo e atención, para que aprendan a valorar que o material non é o máis importante. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar