Os Reis Magos madrugan para visitar as aldeas do rural ourensán
Os Reis Magos madrugan para visitar as aldeas do rural ourensán
Non só nas vilas e as cidades galegas, Melchor, Gaspar e Baltasar, comezaron o seu percorrido por Galicia polas aldeas do rural pola provincia de Ourense
Entre aplausos, a veciñanza das aldeas de Boborás recibe os Reis Magos, que madrugaron para percorrer cada recuncho
No concello ourensán de Boborás pouco se fixeron agardar os Reis Magos de Oriente, e apareceron a primeiras horas da mañá.
Os rapaces portáronse ben, así que lles lembraron os agasallos que lles pediron por se os esqueceran, aínda que eles son máxicos e lémbranse de todo.
Madrugaron para visitar as aldeas do rural. Os Reis Magos de Oriente hoxe teñen traballo dabondo.
Pequenos e maiores gozan hoxe dunha xornada chea de maxia e ilusión.
Os Reis Magos non queren deixar recuncho sen visitar así que xa saben vaian preparando os zapatos que as súas maxestades xa están de camiño.